REAPERTURA DO PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO

May 6, 2020

Vén de publicarse no día de hoxe a reapertura do proceso de admisión do alumnado nos niveis de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigaroria nos centros sostidos con fondos públicos.

Este proceso fora suspendido debido ás medidas adoptadas pola pandemia do COVID-19, e co levantamento dalgunhas desas medidas, reábrese o prazo para a realización deste trámite.

O período para poder facer unha solicitude de admisión será dende o vindeiro luns día 11 de maio ata o día 18 de maio.

As oficinas do centro permanecerán abertas en horario de 9.00 a 14.00, pero pregámosvos que en caso de que decidades achegarvos, solicitedes cita previa, para evitar o agrupamento de xente á mesma hora.

Podedes solicitar a cita nos teléfonos do centro (981 470 265 / 648 204 115). Tamén podedes empregar o correo electrónico para comunicarvos con nós (cpr.loyola@edu.xunta.es).

As solicitudes tamén se poden realizar de modo telemático, accedendo ao seguinte enlace.

Se queredes descargar o documento para entregalo posteriormente no cen

tro, tamén o pdedes facer neste outro enlace.

 

Quedamos á espera de atendervos e resolver as dúbidas que poidades ter.

Please reload

Entradas destacadas

REAPERTURA DO PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO

May 6, 2020

1/2
Please reload

Entradas recientes
Please reload

Archivo