top of page

  As Instalacións do Colexio  

As instalacións máis axeitadas para ofrecer unha educación de calidade.

O noso Centro dispón dunhas instalacións equipadas cos medios para que o alumnado poida desenvolver a súa actividade académica en condicións óptimas e de xeito ameno. Aula de informática, Laboratorio, Parque Infantil....

Aula de Informática

Poñemos a disposición do alumnado un amplo número de equipos informáticos para aprender a adaptar a súa aprendizaxe ás últimas tecnoloxías.

Laboratorio

Instalacións completamente equipadas para que os nosos nenos e nenas poidan coñecer e estudar de xeito práctico os aspectos máis importantes da nosa natureza e do corpo humano... Rochas, insectos, esqueleto....

Parque Infantil

No patio exterior temos un Parque Infantil completamente equipado para que nos momentos de lecer durante o curso os rapaces e as rapazas desfruten ao maximo.

bottom of page