Retraso no inicio das actividades lectivas en Educación Secundaria e Formación Profesional
A Consellería de Educación decidiu adiar o comezo das actividades lectivas nos niveis de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharalato e Formación Profesional, retrasando o comezo de cada nivel nunha semana. Polo tanto, o inicio de curso no noso centro será do seguinte xeito: 1º de ESO: mércores, día 23 de setembro, de 8.30 a 14.00. 2º de ESO: mércores, día 23 de setembro, de 8.30 a 14.00. 3º de ESO: xoves, día 24 de setembro, de 8.30 a 14.00. 4º de ESO: venres, día 25 de set


Aviso moi importante da Policía Local en canto ao tráfico
Dende a Policía Local de Mugardos, indícannos que a partir deste xoves día 10 de setembro, día no que se comeza a actividade lectiva, a rúa na que nos atopamos será de dirección única de subida. Deixámosvos a circular informativa que nos envían.


Horarios de entrada dos días 10 e 11 de setembro
Os días 10 e 11 de setembro temos programada unha entrada do alumnado escalonada, xa que non teñen que vir todos os cursos dende o día 10. Deixámosvos o horario de entrada e saída deses dous días. Lembrámosvos que está prohibida a entrada ás instalacións ás familias, excepto que un membro do profesorado ou do equipo directivo o autorice. No caso do alumnado de educación infantil, un único adulto poderá acceder para levalo ata a aula na entrada ou a recollelo na saída, sempre
Inicio de curso
Estimadas familias: Queremos darvos a benvida a un novo curso escolar, que nesta ocasión vai ser especial e no que vai ser moi importante e necesaria a implicación de toda a comunidade educativa. Este vai ser un ano cheo de novidades, retos e desafíos para os que nos levamos preparando unha tempada, que nos servirán para garantir un entorno seguro no noso centro. Nos vindeiros días colgaremos na páxina web os documentos de Adaptación á situación COVID 19 no curso escolar 2020