top of page

Ensinanzas Ofertadas

Ensinanzas ofertadas

Estes son os niveis que poderás atopar no noso centro. Todas as ensinanzas que ofertamos son contertadas, polo cal son totalmente gratuítas.

 

Educación Infantil

Neste nivel, o alumnado xa recibe clases de Inglés e de psicomotricidade. 

Educación Primaria

Nesta etapa educativa, introducimos unha segunda lingua estranxeira, impartindo Francés dende 3º de primaria. 

ESO

No centro contamos cunha unidade para cada un dos niveis de Educación Secundaria Obrigatoria. Tamén reciben clases de Francés en todos os cursos.

Formación Profesional

Temos concertadas dúas unidades do Ciclo Formativo de Grao Medio na rama de Xestión Administrativa, unha para cada curso. Este ciclo é de 2.000 horas, e no último trimestre do 2º curso, o alumnado realiza prácticas en empresas. Este ciclo, ao igual que as demais ensinanzas, é concertado e totalmente gratuíto.

Gabinete Psicopedagóxico

Contamos cun gabinete psicopedagóxico, dirixido pola Orientadora do centro, cunha ampla experiencia. A Orientadora realízalle test psicolóxicos ao alumnado. Nestas probas detéctanse posibles dificultades de aprendizaxe sobre as que poden traballar os titores nas aulas ou o profesorado de apoio.

bottom of page