

Día Internacional da Muller. 8 de marzo.
Transmitindo a loita da muller pola igualdade de xénero. "Unha nena, unha profesora, unha pluma e un libro poden cambiar o mundo". Malala Yousafzai.


Aberto o período de reserva de praza ata o 20 de marzo
Entre os días 1 e 20 de marzo permanecerá aberto o período para poder tramitar a reserva de praza. Para poder facelo é necesario descargar e cumplimentar este documento e presentalo no centro, ou ben facelo a través da páxina web da xunta neste enlace. Se o prefiren tamén se lles pode facilitar esta documentación nas oficinas do colexio.


Celebramos o Entroido 2019
Celebramos o Entroido no Cole e nas rúas da nosa Vila. Este ano tocou a temática dos insectos. Primeiro vestímonos no Colexio e degustamos todo tipo de productos tipicos destas datas que trouxo o alumnado. O profesorado e moitas nais e pais animáronse a participar e acompañaron a nenos e nenas desfilando pola rúas da nosa Vila.
AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2019
Información sobre as axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras para alumnado a partir de 1º de ESO. Acceso á web Acceso ao texto da orde da convocatoria Acceso ao cartel informativo Acceso á guía para cubrir a solicitude Acceso á información para a presentación por sede electrónica