

Borja Lorenzo, gañador do XVI certame de relato curto en galego "Concello de Mugardos"
Parabéns ao alumno de 1º de ESO do noso centro Borja Lorenzo Bello, que resultou gañador do XVI certame de relato curto en galego "Concello de Mugardos" na categoría de ata 12 anos. Borja gañou este premio co seu relato "A aldea de Vidasoa" e a entrega de premios celebrouse o pasado sábado 26 de maio. Ditame do Xurado Noticia en La Voz de Galicia
Aberto o prazo para a solicitude de axudas para libros e material 2018-2019
Está aberto o prazo para facer a solicitude de participación no fondo solidario de libros de texto e para a adquisición de libros e de material escolar de cara ao curso 2018-2019. Podedes consultar toda a información nos seguintes documentos. Orde da convocatoria Extracto da orde Anexo para a solicitude Información xeral Establecementos e librarías Preguntas frecuentes