Novo número de teléfono móbil: 648 204 115

Temos un novo número de teléfono móbil para que poidades comunicarvos con nós. O novo número é o 648 204 115. Poderedes chamarnos cando non vos atendamos no número da oficina e tamén poderedes enviar whatsapps. Moito ánimo a todos!

AVISO

Debido á situación actual, e tralas medidas adoptadas polas autoridades, o noso centro permanecerá pechado nos vindeiros días, xa que os centros privados e concertados non están obrigados a que o persoal directivo permaneza nas instalacións. En caso de necesitar comunicarvos con nós, poderedes facelo a través do noso correo electrónico (cpr.loyola@edu.xunta.es) ou no teléfono do centro (981 470 265) en horario de 10.00 a 13.00. Lamentamos as molestias que isto vos poida causar. Moitas gracias pola vosa comprensión.

Aviso ás familias

Debido á evolución dos acontecementos, e tras as novas medidas adoptadas polas autoridades, solicitamos ás familias que non acudan ao centro a partir do luns día 16 de marzo. En caso de necesitar comunicarse con nós, pedimos que se faga a través do correo electrónico ou telefónicamente en horario de oficina, xa que, se non se ditan outras medidas, o equipo directivo estará no centro. Aquelas persoas coas que se quedou en que viñeran a recoller material para o traballo do alumnado, poñerémonos en contacto con eles para facerllelo chegar a través de internet. Esperamos que todo o mundo comprenda a necesidade destas medidas que nos vemos obrigados a tomar debido á excepcionalidade da situación

Aviso urxente

Como xa saberedes, este mediodía compareceu o Presidente da Xunta para anunciar as medidas que nesta Comunidade Autónoma se van adoptar en relación co coronavirus, entre as que está a suspensión de calquera actividade lectiva ou extraescolar nos centros educativos a partir do luns 16 de marzo, aínda que se recomenda que de forma voluntaria e sempre que sexa posible, que teña efectos xa mañá. De todos modos, mañá haberá transporte escolar para o alumnado que o necesite e decida vir ao centro. Deixamos a circular que entregamos hoxe a última hora e que non deu tempo a entregarlle a todo o alumnado.

El Principito va a tu escuela

El ANPA del Colegio ha organizado para nuestros alumnos de Educación Infantil y Primaria este jueves, la obra “El Principito va a tu escuela” llevada a cabo por la compańía Aula Teatro. Experimentamos autoestima, sueńos, compańerismo, amistad... Hemos aprendido mucho y lo hemos pasado todos muy bien!!. Os dejamos un vídeo resumen de la actividad 😍

Aberto o período de reserva de praza

AMPLÍASE O PRAZO ATA UNHA SEMANA DESPOIS DO REINICIO DAS ACTIVIDADES LECTIVAS Dende o día 2 ata o 20 de marzo permanecerá aberto o período de reserva de praza para a Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria. Deixamos neste enlace o documento de solicitude de praza. Para máis información, nas oficinas do Colexio ou no teléfono 981 470 265.

Entroido 2020 no Colexio Loyola Mugardos

Gran traballo de profesorado e alumnado, disfrutando na elaboración dos disfraces. Aproveitando para traballar sobre as emocións cos emoticonos, reflexionando sobre o cambio climático dicindo non á utilización de plásticos nos traxes, e pasalo en grande polas rúas do pobo!!🤡👏

Camiño de Santiago

Este ano, o alumnado de Educación Secundaria do Colexio Loyola está a facer o Camiño de Santiago xunto co Colexio Jorge Juan de Xuvia. Está sendo unha actividade moi enriquecedora en todos os aspectos. Ademáis, tanto Infantil como Primaria participaron na primeira etapa adaptando o percorrido a cada idade, e farán tamén a última etapa coa chegada a Santiago. Aquí tedes un pequeno "trailer" de como van indo as etapas!

Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
No hay tags aún.
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square

CPR Loyola Mugardos

  Real Vila de Mugardos  

HORARIO DE APERTURA

Luns-Venres De 8:30 a 14:00 h-

​Martes De 16:30 a 18:10 h

DIRECCIÓN

Rúa Curros Enriquez,8

15620, Mugardos. 

cpr.loyola@edu.xunta.es

© 2018 por OCTOPUS Arte Creativo