Ábrese o prazo para facer a solicitude das axudas para libros e material escolar de cara ao curso escolar 2024-2025.
Estas axudas están dirixidas ao alumnado de calquera curso de primaria ou secundaria. A partir de 3º de primaria será polo sistema de préstamo de libros, mentres que en 1º e 2º de primaria serán cheques para poder comprar os libros.
É importante cubrir todos os apartados do Anexo I, así como cubrir e asinar o Anexo II para autorizar a consulta dos datos de xeito automático.
Para a entrega das solicitudes, pode facerse na sede electrónica da Xunta ou no centro, tanto de modo presencial como a través do correo electrónico cpr.loyola@edu.xunta.gal. O prazo finaliza o 21 de xuño.
En caso de que teñades dúbidas, poñédevos en contacto con nós nos teléfonos 981 470 265 e 648 204 115.
Deixámosvos enlaces e información desta convocatoria:
Anexo I para a solicitude e Anexo II para a autorización da consulta de datos