Apertura do período de solicitudes de admisión de cara ao curso 2025-2026
6 marzo 2025
Listas de libros do curso 2025-2026
24 julio 2025

Ciclo Formativo de Grao Medio. Prazas liberadas

24 julio 2025

Unha vez rematado o período correspondente á 1ª adxudicación nos ciclos formativos de formación profesional, comuinicamos que hai prazas liberadas no que temos no noso centro. Deixámosvos aquí información sobre o mesmo por se tedes interese en matrícularvos nel.

No noso centro contamos co Ciclo Medio en Xestión Administrativa. Este é un ciclo de 2.000 horas, que se reparten en dous cursos escolares. O primeiro curso e os dous primeiros trimestres do segundo curso son de clases presenciais, e o último trimestre do segundo curso adícase a prácticas en centros de traballo en empresas da nosa comarca ou en organismos oficiais como concellos.

No vindeiro curso 2025-2026 xa estará en vigor nos dous cursos a nova normativa de Formación Profesional e todos os ciclos pasarán a ser de carácter dual, aumentando as horas de prácticas en 2º.

As materias que se impartirán neste ciclo son as seguintes:

1º curso:

– Operacións administrativas da compravenda

– Tratamento informático da información

– Técnica contable

– Operacións auxiliares de xestión de tesouraría

– Inglés Profesional

– Itinerario persoal para a empregabilidade I

– Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo

– Afondamento nas competencias profesionais

– Habilidades comunicativas en lingua estranxeira

Estas dúas últimas materias quedan asociadas á materia de Inglés Profesional.

 

2º Curso:

– Comunicación empresarial e atención á clientela

– Empresa e administración

– Operacións administrativas de Recursos Humanos

– Itinerario persoal para a empregabilidade II

– Tratamento da documentación contable

– Empresa na aula

– Proxecto Intermodular

No último trimestre do curso, o alumnado que teña superado un 50% do horario do curso realizará 500 horas de prácticas en centros de traballo.

Os requisitos para poder acceder a este ciclo formativo son estar en posesión do título en ESO ou titulacións equivalentes, posuír título de formación profesional básica, ter os módulos obrigatorios dos PCPI do curso 2011-2012 ou seguintes, ter a certificación de superación das probas de acceso a ciclos ou outras vías de acceso a ciclos de grao medio.

Deixamos aquí máis información de interese sobre os ciclos formativos e os procesos de admisión:

Enlace á páxina web da Consellería de Educación con información xeral do proceso de admisón.

Documento con instrucións sobre o proceso de admisión aos ciclos formativos

Prazos do proceso de admisión

Ir al contenido