Xa está aberto o prazo de solicitudes de axudas para libros de texto e material escolar

Xa está aberto o prazo para facer a solicitude das axudas para libros e material escolar de cara ao curso escolar 2022-2023.

Estas axudas están dirixidas ao alumnado de calquera curso de primaria ou secundaria. A partir de 3º de primaria será polo sistema de préstamo de libros, mentres que en 1º e 2º de primaria serán cheques para poder comprar os libros.

É importante cubrir todos os apartados do Anexo I, así como cubrir e asinar o Anexo II en caso de autorizar a consulta dos datos de xeito automático e evitar ter que presentar máis documentación que a fotocopia do libro de familia (ou certificado do padrón, no seu defecto).

Para a entrega das solicitudes, pode facerse na sede electrónica da Xunta ou no centro, tanto de modo presencial como a través do correo electrónico cpr.loyola@edu.xunta.es.

O prazo finaliza o 22 de xuño.

En caso de que teñades dúbidas, poñédevos en contacto con nós nos teléfonos 981 470 265 e 648 204 115.

Deixámosvos enlaces e información desta convocatoria.

Circular do centro

Circular axudas libros 2022-23
.pdf
Download PDF • 156KB

Orde da convocatoria


Orde convocatoria axudas libros
.pdf
Download PDF • 1.16MB

Anexo I para a solicitude e anexo II para a autorización da consulta de datos


Anexo I e II
.pdf
Download PDF • 1.04MB

Resumo das axudas


Resumo axudas
.pdf
Download PDF • 96KB

Enlace á páxina fondolibros


Enlace para facer a solicitude a través de sede electrónica


Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
No hay tags aún.
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square