PUBLICADA A LISTAXE DEFINITIVA DO ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2021-2022

Están publicadas as listaxes definitivas de admisión do alumnado de nova incorporación, para o curso 2021-22.

Atendendo á Lei de Protección de Datos non podemos publicalas a través da web, polo que quedan expostos no taboleiro do centro. Pola mesma Lei, está prohibido facerlle fotos e distribuír esa información fóra das canles do centro educativo.

Tamén poden chamarnos aos teléfonos do centro para facer as consultas que desexen nos números 981 470 265 ou 648 204 115.

De todos modos, informamos de que todas as solicitudes presentadas en prazo obtiveron praza definitiva.

A DIRECCIÓN

Entradas destacadas
Entradas recientes