top of page

Ciclo Formativo de Grao Medio. Apertura do proceso de admisión






Dende este venres 25 de xuño estará aberto o prazo para facer as solicitudes de admisión nos ciclos formativos de Formación Profesional e permanecerá aberto ata o luns día 5 de xullo.


No noso centro contamos co Ciclo Medio en Xestión Administrativa. Este é un ciclo de 2.000 horas, que se reparten en dous cursos escolares. O primeiro curso e os dous primeiros trimestres do segundo curso son de clases presenciais, e o último trimestre do segundo curso adícase a prácticas en centros de traballo en empresas da nosa comarca ou en organismos oficiais como concellos.


As materias que se imparten neste ciclo son as seguintes:


1º curso:


- Lingua estranxeira (Inglés)


- Operacións administrativas da compravenda


- Tratamento informático da información


- Técnica contable


- Operacións auxiliares de xestión de tesourería


- FOL (Formación e orientación laboral)


2º Curso:


- Comunicación empresarial e atención á clientela


- Empresa e administración


- Operacións administrativas de Recursos Humanos


- Tratamento da documentación contable


- Empresa na aula


- FCT (Formación en centros de traballo)



Os requisitos para poder acceder a este ciclo formativo son estar en posesión do título en ESO ou titulacións equivalentes, posuír título de formación profesional básica, ter os módulos obrigatorios dos PCPI do curso 2011-2012 ou seguintes, ter a certificación de superación das probas de acceso a ciclos ou outras vías de acceso a ciclos de grao medio.


A solicitude de admisión para os ciclos formativos faise a través da páxina web da Xunta de Galicia, ciclosadmisión. (Este é o enlace para facer a solicitude sen certificado dixital nin usuario).


Logo de realizada a solicitude web, a aplicación informática xera un impreso con instrucións individualizadas para cada solicitante. O impreso xerado pola aplicación informática indica a documentación que cómpre achegar. Esta documentación cos impresos xerados deberá ser entregada debidamente asinada e en prazo, en calquera centro de Galicia con oferta, sostida con fondos públicos, de ciclos formativos de formación profesional de grao medio ou de grao superior. Este documento será validado polo centro e unha das copias será selada e entregada á persoa solicitante. Sen estes requisitos, a solicitude carece de validez e non será tida en conta no proceso de admisión.No caso de que o impreso xerado pola aplicación informática indique que se trata dun documento xa validado e que non é necesario entregalo nun centro, non será preciso máis trámite, pero o documento impreso deberase conservar como resgardo da solicitude de admisión.


Deixamos aquí máis información de interese sobre os ciclos formativos e os procesos de admisión:


Enlace á páxina web da Consellería de Educación con información xeral do proceso de admisón.


Documento con instrucións sobre o proceso de admisión aos ciclos formativos:

Instrucións xerais admisión ordinario_ad
.
Download • 770KB

Asistente para a realización da solicitude de admisón a través da web:

Instrucions solicitude web 2021-2022_VF
Download • 1.26MB

Prazos do proceso de admisión:

Prazos admisión 2021_VF
.pdf
Download PDF • 89KB


Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
bottom of page