Aviso para as familias
Estimadas familias:
Temos que informarvos de que se detectou un caso positivo de COVID-19 no noso centro.
Unha vez postos en contacto coas autoridades sanitarias e educativas, estas decidiron que non é necesario confinar nin poñer en corentena a ningunha persoa do centro.
Debido á Lei de Protección de datos, non estamos autorizados a transmitir información relativa á persoa ou ao grupo ao que pertence o positivo.
Adxuntamos copia do documento de comunicación elaborado pola Consellería de Educación.
Queremos transmitirvos calma e tranquilidade e facer fincapé na importancia de que se continúen a cumplir todos os protocolos que axudan a evitar a propagación deste virus e que non relaxemos as medidas individuais de hixiene de mans, uso de mascarilla e distancia social.
Recibide un cordial saúdo.
