top of page

Apertura do prazo para a solicitude de admisión de alumnado para o curso 2021-2022



Entre os días 1 e 22 de marzo permanecerá aberto o prazo para a solicitude de admisión de novo alumnado para o curso escolar 2021-2022.

Poderase solicitar praza para os niveis de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria.

A documentación a presentar é a seguinte:

- Copia do DNI do alumno/a e dos proxenitores

- Copia do libro de familia

- Certificado de empadroamento

- Certificado de matrícula do centro de orixe (en caso de solicitar un cambio de centro)

- Sentenza xudicial de separación ou divorcio, de darse o caso

- Solicitude asinada por ambos proxenitores (que se pode descargar nos enlaces seguintes)


Tamén existe a posibilidade de facer a solicitude de xeito telemático accedendo á páxina da Consellería de Educación admisionalumnado. Para elo é necesario ter Chave 365 ou certificado dixital.


Para solicitar máis información ou calquera outra consulta, poderedes chamar aos teléfonos 981 470 265 e 648 204 115 ou pasar polas oficinas do colexio en horario de 9.00 a 14.00 ou os martes pola tarde de 16.30 a 18.00. Se necesitades realizar unha visita en outro horario, solicitádenos unha cita para poder atendervos e estaremos encantados de facelo.





댓글


Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
No hay etiquetas aún.
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
bottom of page