top of page

Apertura do período de solicitudes de admisión de cara ao curso 2023-2024

Entre os días 1 e 20 de marzo permanecerá aberto o prazo para a solicitude de admisión de novo alumnado para o curso escolar 20232-2024.



Poderase solicitar praza para os niveis de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria.


A documentación a presentar é a seguinte:


- Copia do DNI do alumno/a e dos proxenitores


- Copia do libro de familia


- Certificado de empadroamento


- Certificado de matrícula do centro de orixe (en caso de solicitar un cambio de centro)


- Sentenza xudicial de separación ou divorcio, de darse o caso


- Solicitude asinada por ambos proxenitores (que se pode descargar nos enlaces seguintes):


Solicitude en galego:

ED550B-G
.pdf
Download PDF • 1.45MB





Solicitude en castelán:

ED550B-C
.pdf
Download PDF • 1.45MB





Estes documentos tamén os podedes solicitar nas oficinas do centro.


Tamén existe a posibilidade de facer a solicitude de xeito telemático accedendo á páxina da Consellería de Educación admisionalumnado. Para elo é necesario ter Chave 365 ou certificado dixital.


Para solicitar máis información ou calquera outra consulta, poderedes chamar aos teléfonos 981 470 265 e 648 204 115 ou pasar polas oficinas do colexio en horario de 9.00 a 14.00 ou os martes pola tarde de 16.30 a 18.00. Se necesitades realizar unha visita en outro horario, solicitádenos unha cita para poder atendervos e estaremos encantados de facelo.


Este ano teremos dúas xornadas de portas abertas, o martes día 28 de febreiro e o xoves día 2 de marzo, no que haberá actividades programadas para que poidan realizar os nenos e nenas mentras os pais e nais realizan a visita polas instalacións do centro.


Anunciamos que de cara ao vindeiro curso imos ampliar o horario de "madrugadores", abrindo o centro dende as 7.30 horas e ofrecendo a posibilidade de almorzar no centro dende esa hora. Lembramos que polas tardes hai servizo de biblioteca no que o alumnado pode permanecer ata as 5 da tarde, habendo tamén distintas actividades extraescolares.








Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
bottom of page