top of page

Apertura do período de solicitudes de admisión de cara ao curso 2024-2025





Entre os días 1 e 20 de marzo permanecerá aberto o prazo para a solicitude de admisión de novo alumnado para o curso escolar 2024-2025.


Poderase solicitar praza para os niveis de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria.


A documentación a presentar é a seguinte:


- Copia do DNI do alumno/a e dos proxenitores


- Copia do libro de familia


- Certificado de empadroamento


- Certificado de matrícula do centro de orixe (en caso de solicitar un cambio de centro)


- Sentenza xudicial de separación ou divorcio, de darse o caso


- Solicitude asinada por ambos proxenitores (que se pode descargar nos enlaces seguintes):


ED550B-G
.pdf
Download PDF • 1.45MB





ED550B-C
.pdf
Download PDF • 1.45MB





Estes documentos tamén os podedes solicitar nas oficinas do centro.


Tamén existe a posibilidade de facer a solicitude de xeito telemático accedendo á páxina da Consellería de Educación admisionalumnado. Para elo é necesario ter Chave 365 ou certificado dixital.


Para solicitar máis información ou calquera outra consulta, poderedes chamar aos teléfonos 981 470 265 e 648 204 115 ou pasar polas oficinas do colexio en horario de 9.00 a 14.00 ou os martes pola tarde de 16.30 a 18.00. Se necesitades realizar unha visita en outro horario, solicitádenos unha cita para poder atendervos e estaremos encantados de facelo.


Gustaríanos convidarvos a que visitedes o noso centro e poidades coñecer os nosos proxectos e como traballamos. Para isto, podedes solicitar cita previa e visitarnos cando vos vaia ben.


Temos servizo de madugradores dende as 7.30 horas con ou sen almorzo. Tamén hai servizo de comedor ata as 16.00, horario no que comezan as actividades extraescolares.


Ven visitarnos. Estaremos encantados de atenderte.












Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
bottom of page