top of page

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Ábrese o prazo para facer a solicitude das axudas para libros e material escolar de cara ao curso escolar 2023-2024.

Estas axudas están dirixidas ao alumnado de calquera curso de primaria ou secundaria. A partir de 3º de primaria será polo sistema de préstamo de libros, mentres que en 1º e 2º de primaria serán cheques para poder comprar os libros.

É importante cubrir todos os apartados do Anexo I, así como cubrir e asinar o Anexo II para autorizar a consulta dos datos de xeito automático.

Para a entrega das solicitudes, pode facerse na sede electrónica da Xunta ou no centro, tanto de modo presencial como a través do correo electrónico cpr.loyola@edu.xunta.gal.

O prazo para facer as solicitudes finaliza o 21 de xuño.

En caso de que teñades dúbidas, poñédevos en contacto con nós nos teléfonos 981 470 265 e 648 204 115.

Deixámosvos enlaces e información desta convocatoria:


Circular do centro

circular pais axudas libros 2023-24
.pdf
Descargar PDF • 156KB

Comments


Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
bottom of page