ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Ábrese o prazo para facer a solicitude das axudas para libros e material escolar de cara ao curso escolar 2021-2022.


Estas axudas están dirixidas ao alumnado de calquera curso de primaria ou secundaria. A partir de 3º de primaria será polo sistema de préstamo de libros, mentres que en 1º e 2º de primaria serán cheques para poder comprar os libros.


É importante cubrir todos os apartados do Anexo I, así como cubrir e asinar o Anexo II en caso de autorizar a consulta dos datos de xeito automático e evitar ter que presentar máis documentación que a fotocopia do libro de familia (ou certificado do padrón, no seu defecto).


Para a entrega das solicitudes, pode facerse na sede electrónica da Xunta ou no centro, tanto de modo presencial como a través do correo electrónico cpr.loyola@edu.xunta.es.


En caso de que teñades dúbidas, poñédevos en contacto con nós nos teléfonos 981 470 265 e 648 204 115.


Deixámosvos enlaces e información desta convocatoria.


Circular do centro

Orde da convocatoria

Extracto da orde

Anexo I para a solicitude e anexo II para a autorización da consulta de datos

Enlace á páxina fondo libros

Enlace para a solicitude a través de sede electrónica


Entradas destacadas
Entradas recientes