Horarios de entrada dos días 10 e 11 de setembro
Os días 10 e 11 de setembro temos programada unha entrada do alumnado escalonada, xa que non teñen que vir todos os cursos dende o día 10.
Deixámosvos o horario de entrada e saída deses dous días.
Lembrámosvos que está prohibida a entrada ás instalacións ás familias, excepto que un membro do profesorado ou do equipo directivo o autorice.
No caso do alumnado de educación infantil, un único adulto poderá acceder para levalo ata a aula na entrada ou a recollelo na saída, sempre accedendo pola porta grande do portal de abaixo.
