top of page

Ciclo Formativo de Grao Medio. Apertura do proceso de admisión

O xoves 25 de xuño abrirá o prazo para facer as solicitudes de admisión nos ciclos formativos de Formación Profesional e permanecerá aberto ata o 8 de xullo.

No noso centro contamos co Ciclo Medio en Xestión Administrativa. Este é un ciclo de 2.000 horas, que se reparten en dous cursos escolares. O primeiro curso e os dous primeiros trimestres do segundo curso son de clases presenciais, e o último trimestre do segundo curso adícase a prácticas en centros de traballo en empresas da nosa comarca ou en organismos oficiais como concellos.

As materias que se imparten neste ciclo son as seguintes:

1º curso:

- Lingua estranxeira (Inglés)

- Operacións administrativas da compravenda

- Tratamento informático da información

- Técnica contable

- Operacións auxiliares de xestión de tesourería

- FOL (Formación e orientación laboral)

2º Curso:

- Comunicación empresarial e atención á clientela

- Empresa e administración

- Operacións administrativas de Recursos Humanos

- Tratamento da documentación contable

- Empresa na aula

- FCT (Formación en centros de traballo)

Os requisitos para poder acceder a este ciclo formativo son estar en posesión do título en ESO ou titulacións equivalentes, posuír título profesional básico ou os módulos obrigatorios dos PCPI do curso 2011-2012 ou seguintes ou ter a certificación de superación das probas de acceso a ciclos ou outras vías de acceso a ciclos de grao medio.

A solicitude de admisión para os ciclos formativos faise a través da páxina web da Xunta de Galicia, ciclosadmisión.

Logo de realizada a solicitude web, a aplicación informática xera un impreso con instrucións individualizadas para cada solicitante. O impreso xerado pola aplicación informática indica a documentación que cómpre achegar. Esta documentación cos impresos xerados deberá ser entregada debidamente asinada e en prazo, en calquera centro de Galicia con oferta, sostida con fondos públicos, de ciclos formativos de formación profesional de grao medio ou de grao superior. Este documento será validado polo centro e unha das copias será selada e entregada á persoa solicitante. Sen estes requisitos, a solicitude carece de validez e non será tida en conta no proceso de admisión.No caso de que o impreso xerado pola aplicación informática indique que se trata dun documento xa validado e que non é necesario entregalo nun centro, non será preciso máis trámite, pero o documento impreso deberase conservar como resgardo da solicitude de admisión.

Deixamos aquí máis información de interese sobre os ciclos formativos e os procesos de admisión:

Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
bottom of page