Convocatoria das axudas para libros e material escolar 2020-2021

May 20, 2020

 

 

Ábrese o prazo para facer a solicitude das axudas para libros e material escolar de cara ao curso escolar 2020-2021.

Estas axudas están dirixidas ao alumnado de calquera curso de primaria ou secundaria. A partir de 3º de primaria será polo sistema de préstamo de libros, mentres que en 1º e 2º de primaria serán cheques para poder comprar os libros.

É importante cubrir todos os apartados do Anexo I, así como cubrir e asinar o Anexo II en caso de autorizar a consulta dos datos de xeito automático e evitar ter que presentar máis documentación que a fotocopia do libro de familia (ou certificado do padrón, no seu defecto).

Para a entrega das solicitudes, pode facerse na sede electrónica da Xunta ou no centro, tanto de modo presencial como a través do correo electrónico cpr.loyola@edu.xunta.es. Preferimos que, no posible, evitedes a entrega presencial da documentación e que o fagades a través dalgún dos outros medios.

En caso de que teñades dúbidas, poñédevos en contacto con nós nos teléfonos 981 470 265 e 648 204 115.

Deixámosvos enlaces e información desta convocatoria.

 

Circular do centro co resumo dos puntos máis importantes

Orde da convocatoria

Extracto da orde

Anexos I e II para solicitude e autorización da consulta de datos

Información xeral

Enlace á páxina da Xunta fondolibros

Enlace á páxina para facer a presentación electrónica da solicitude

  

Please reload

Entradas destacadas

REAPERTURA DO PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO

May 6, 2020

1/2
Please reload

Entradas recientes
Please reload

Archivo