top of page

Comunicación das notas da 2ª avaliación

Estimadas familias:

En primeiro lugar, agardamos que todos vos atopedes ben nestes dífíciles momentos polos que estamos a pasar. Desexamos que isto pase o antes posible para poder retomar a rutina diaria e poder vernos de novo nas aulas.

Tamén queremos agradecervos a implicación que estades a mostrar na educación dos vosos fillos e fillas, os agradecementos que nos estades a transmitir polo traballo do profesorado e a paciencia e comprensión que estades a ter ante as dificultades que se nos presentan a todos.

Temos que comunicarnos que mañá, venres 3 de abril, os titores de cada grupo van enviarvos as calificacións correspondentes ao 2º trimestre. En virtude da instrución do 27 de marzo da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional dirixida ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario, procedemos a pechar a avaliación do 2º trimestre. Hai que facer constar que para iso só tiveron consideración de avaliables os contidos e actividades realizadas ata o día 13 de marzo de 2020, momento no que se suspenderon as clases presenciais.

En canto ao 3º trimestre, está confirmado que vai comezar o martes día 14 de abril, tralas vacacións de Semana Santa, e que se fará dende a casa. Os titores e titoras iranvos informando do procedemento de traballo e de avaliación. Destacar que dende ese momento, o traballo que se realice xa será avaliable e avanzarase nos contidos das materias.

Sen máis, transmitirvos moito ánimo e o desexo de que esta situación se solucione o antes posible.

Un cordial saúdo.

Mugardos, 2 de abril de 2020

Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
bottom of page