O GES visita o Colexio na campaña de prevención contra a Velutina

March 12, 2018

   O pasado venres día 9, integrantes do GES visitaron o Colexio para desenvolver unha charla-taller sobre como combater a vespa velutina. As rapazas e rapaces participantes recibiron formación sobre como atopar os niños primarios, que son os primeiros que fai a raíña. Coñeceron a importancia do trampeo de raíñas en primavera, xa que por cada unha que se elimine, haberá un niño menos e unhas 20.000 obreiras de velutina menos.

   A época máis efectiva para poñer as trampas vai dende finais de febreiro/principios de marzo, ata xuño; e despois do verán, de setembro ata novembro, cando as raíñas teñen máis actividade fóra do niño, antes de hibernar.

   Logo da presentación teórica, pasamos a experimentar cómo construir unha trampa, onde colocala e que líquidos caseiros utilizar para atraer ás vespas.

   A xornada resultou un éxito de motivación e aprendizaxe para o alumnado, xa que experimentaron e asimilaron conceptos tratados sobre todo na materia de ciencias naturais, a saber: coñecer o que é unha especie invasora, saber cómo temos que comportarnos dede o punto de vista da seguridade no caso de ter algún percance, e saber a quén chamar; os prexuicios que causa na nosa fauna, coñecer depredadores naturais da velutina, valorar a importancia que teñen as abellas non só para o aproveitamento do mel senón sobre todo pola trascendencia que teñen na polinización para a diversidade da nosa flora.

   Asique, todos a colaborar. Podedes construir unha trampa tal como amosamos nas fotos e vídeo e colocala en calquera lugar cercano a onde vivides!! Animádevos!!

   Agradecemos aos integrantes do GES a mañá que fixeron disfrutar e aprender aos nosos alumnos e alumnas, e valoramos a labor que están a facer no desenvolvemento da súa profesión. Moitas Grazas!!

 

 

 

 

 

 

 

Please reload

Entradas destacadas

REAPERTURA DO PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO

May 6, 2020

1/2
Please reload

Entradas recientes
Please reload

Archivo